Eólica

Eólica

Desde un punto de vista enerxético, actualmente o aproveitamento da enerxía eólica ten como fin a transformación da enerxía cinética do vento en enerxía eléctrica. Esta transformación realízase a través dos aeroxeneradores, máquinas con elementos que experimentan un movemento (en xeral, de rotación) cando reciben unha corrente de aire de suficiente intensidade, convertendo a enerxía mecánica en electricidade mediante un xerador eléctrico.

Os aeroxeneradores máis utilizados son de eixo horizontal e de tres aspas, e agrúpanse nos chamados parques eólicos, instalacións de xeración eléctrica situadas en emprazamentos de elevado potencial eólico. Un parque eólico caracterízase por ter un conxunto de aeroxeneradores que comparten unha subestación de transformación e unha liña común de evacuación de enerxía eléctrica.

Galicia é un referente no uso e aproveitamento da enerxía eólica, grazas ao gran potencial e á calidade dos recursos existentes, tanto en terra, onde se desenvolven ata o momento os proxectos, como no mar, onde se prevé o seu desenvolvemento ao longo dos próximos anos.

Enerxía eólica

PLAN SECTORIAL EÓLICO

ANEXOS

Modificación do Plan Sectorial Eólico de Galicia  
(1220 KB)

MEMORIA

 (442 KB)

PLANO DO PLAN SECTORIAL EÓLICO DE GALICIA

(2973 KB)

PLANOS

(6811 KB)